Sergio Pena estudou guitarra clásica e composición no Conservatorio Superior de A
Coruña, ademais realizou cursos de Música para Cine, Orquestración e Mistura de son na Berklee College of Music de Boston.

Como compositor, é un autor ecléctico interesado principalmente na música para a
imaxe. Dende o Jazz, a música electrónica e o Pop ata a música Orquestral, a súa
produción amosa un coñecemento dos diferentes estilos que lle permiten abordar
toda clase de proxectos por esixentes que sexan. A súa experiencia fundamentase no
traballo como compositor, arreglista y orquestador en longametraxes, curtametraxes,
documentais e publicidade durante máis de dez anos.

A pesar da versatibilidade da súas composicións, seu estilo queda definido e
recoñecible en cada tema.
SERGIO PENA 2017  // TODOS OS DERETOS RESERVADOS
Nominado no HMMA 2012